O pasado domingo 8 de febreiro espantamos o frío para acudirmos, xunto con milleiros de persoas, á mobilización convocada pola Plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela. Alí estivemos acompañando a marcha baixo o título ‘Polas fillas dos nosos fillos’. E moitas amigas e amigos quixeron aproveitar para apoiar a campaña ‘1 Patrimonio para o Futuro!’ de apoio á inscrición do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Unesco. Así se retrataron diante do ‘fotocol’ do patrimonio.
Búscate na galería de imaxes!
Non te atopas? Non te preocupes, temos máis, ao cabo da semana prometemos telas todas subidas!