• Para firmar en apoyo de la campaña de modo individual completa el formulario de aquí abajo:
[emailpetition id=»1″ width=»500px»]
• Si representas a un ayuntamiento, pulsa aquí para descargar el formulario de apoyo
• Si representas a una escuela, pulsa aquí para descargar el formulario, para escuelas gallegas o para escuelas portuguesas
• Si formas parte de una asociación u otra entidad, pulsa aquí para el formulario de apoyo en gallego o en portugués
• Si quieres poner en tu web un baner de apoyo, puedes descargar aquí el que más te guste
Una vez completados, los formularios pueden ser enviados al correo electrónico info (arroba) opatrimonio.org
O si lo prefieres, al correo postal:
Ponte…nas Ondas
Rúa Colón 17-6ºD
36201 Vigo
Un patrimonio para o futuro
O punto máis avanzado de Europa no Noroeste da Península Ibérica, onde os suevos estableceron o primeiro reino dentro do Imperio Romano, foi sempre un lugar habitadísimo. Anteriormente aquí floreceu unha cultura céltica, a cultura dos castros. É unha fin do mundo onde acudiron sucesivas vagas de pobos e persoas que aquí chegaban e ficaban, pois non podían continuar alén do mar, aquel mar onde morría o sol cada tarde. É unha esquina de Europa que non é lugar de paso, senón un molde no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado. A cultura deste lugar está marcada pola contradición entre a terra e o mar: o continente euroasiático e o océano Atlántico. Pola terra chegaron sempre dende Oriente vagas culturais, o bronce, o ferro, Roma, os suevos, o Sacro Imperio…, polo mar chegaron os gregos e romanos mais sobre todo por el viaxaron e comerciaron os poboadores deste Noroeste peninsular.
Ao ser unha fisterra pouca comunicada, aquí duraron máis tempo os ciclos históricos: a Historia viviuse ralentizada. En moitos sentidos a cultura propia do Noroeste é unha síntese da civilización romana. As falas desta zona están aínda moi perto da súa orixe latina. Tamén conserva como un eco antropolóxico as raíces do mundo xermánico europeo que levantou no seu tempo o mundo feudal e que perdurou aquí até nós como unha cosmovisión na cultura popular. Foi a este Noroeste a onde chegou, a través do Camiño de Santiago, a torrenteira da cultura europea dende Carlomagno até a Reforma e a Contrarreforma.
O máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis fonda. O que aínda permanece conservado alén do seu tempo histórico é para nós parte tamén deste tempo contemporáneo que vivimos adultos e nenos.
Son precisamente os nenos e as nenas o centro do proxecto que apoiamos. O proxecto quere antes de nada estimular a estima polo patrimonio cultural rico e complexo que herdamos e tamén a curiosidade por coñecer os veciños por riba de fronteiras. O respecto por un propio e o recoñecemento dos demais.
Sobre este propósito de educar xeracións que saben vivir no seu tempo sendo leais co seu pasado queremos que o mundo enteiro, a través da inscrición pola UNESCO na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Unha rica literatura de tradición oral, a cultura marítima que mantivo os vínculos entre ambas comunidades, o espíritu comunitario presente nas actividades agrarias tradicionais e as variadas expresións lúdicas, festivas e de lecer. Todos estes ámbitos abranxen unha cultura común que satisfai as condicións establecidas pola UNESCO: ser unha cultura aínda viva mais en perigo de desaparición e enraizada nunha tradición con manifestacións de excelencia.
Conseguir esta proclamación vai permitir a posta en valor da cultura tradicional, que aquí ten unha densidade enorme, como factor de dignificación, orgullo e marca de identidade. Terá efectos positivos no desenvolvemento endóxeno e sustentábel en todo o territorio onde se expresa esta cultura.
A cultura nacida neste territorio, con esta proclamación, será motivo de orgullo en todo o mundo a través das persoas e países dos que fai parte da súa identidade.