Únete!

• Para asinar individualmente en prol da inscripción do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Imaterial da Unesco, completa o formulario de aquí abaixo:

[emailpetition id=”1″ width=”500px”]

• Se representas a un concello, preme aquí para descargar o formulario de apoio para concellos
• Se representas a unha escola, preme aquí para descargar o formulario, para escolas galegas ou para escolas portuguesas
• Se formas parte dunha entidade, preme aquí para o formulario de apoio en galego ou en portugués
• Se queres poñer na túa web un baner de apoio, podes descargar aquí o que máis che preste

Unha vez completados, os formularios poden ser enviados ao enderezo electrónico info (arroba) opatrimonio.org
Ou se o preferides ao enderezo postal:
Ponte…nas Ondas
Rúa Colón 17-6ºD
36201 Vigo

Un patrimonio para o futuro

O punto máis avanzado de Europa no Noroeste da Península Ibérica, onde os suevos estableceron o primeiro reino dentro do Imperio Romano, foi sempre un lugar habitadísimo. Anteriormente aquí floreceu unha cultura céltica, a cultura dos castros. É unha fin do mundo onde acudiron sucesivas vagas de pobos e persoas que aquí chegaban e ficaban, pois non podían continuar alén do mar, aquel mar onde morría o sol cada tarde. É unha esquina de Europa que non é lugar de paso, senón un molde no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado. A cultura deste lugar está marcada pola contradición entre a terra e o mar: o continente euroasiático e o océano Atlántico. Pola terra chegaron sempre dende Oriente vagas culturais, o bronce, o ferro, Roma, os suevos, o Sacro Imperio…, polo mar chegaron os gregos e romanos mais sobre todo por el viaxaron e comerciaron os poboadores deste Noroeste peninsular.

Ao ser unha fisterra pouca comunicada, aquí duraron máis tempo os ciclos históricos: a Historia viviuse ralentizada. En moitos sentidos a cultura propia do Noroeste é unha síntese da civilización romana. As falas desta zona están aínda moi perto da súa orixe latina. Tamén conserva como un eco antropolóxico as raíces do mundo xermánico europeo que levantou no seu tempo o mundo feudal e que perdurou aquí até nós como unha cosmovisión na cultura popular. Foi a este Noroeste a onde chegou, a través do Camiño de Santiago, a torrenteira da cultura europea dende Carlomagno até a Reforma e a Contrarreforma.

O máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis fonda. O que aínda permanece conservado alén do seu tempo histórico é para nós parte tamén deste tempo contemporáneo que vivimos adultos e nenos.

Son precisamente os nenos e as nenas o centro do proxecto que apoiamos. O proxecto quere antes de nada estimular a estima polo patrimonio cultural rico e complexo que herdamos e tamén a curiosidade por coñecer os veciños por riba de fronteiras. O respecto por un propio e o recoñecemento dos demais.

Sobre este propósito de educar xeracións que saben vivir no seu tempo sendo leais co seu pasado queremos que o mundo enteiro, a través da inscrición pola UNESCO na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Unha rica literatura de tradición oral, a cultura marítima que mantivo os vínculos entre ambas comunidades, o espíritu comunitario presente nas actividades agrarias tradicionais e as variadas expresións lúdicas, festivas e de lecer. Todos estes ámbitos abranxen unha cultura común que satisfai as condicións establecidas pola UNESCO: ser unha cultura aínda viva mais en perigo de desaparición e enraizada nunha tradición con manifestacións de excelencia.

Conseguir esta proclamación vai permitir a posta en valor da cultura tradicional, que aquí ten unha densidade enorme, como factor de dignificación, orgullo e marca de identidade. Terá efectos positivos no desenvolvemento endóxeno e sustentábel en todo o territorio onde se expresa esta cultura.

A cultura nacida neste territorio, con esta proclamación, será motivo de orgullo en todo o mundo a través das persoas e países dos que fai parte da súa identidade.

[info_success]Este manifesto foi elaborado polo escritor Suso de Toro e asinado durante o proceso da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ás Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial da Humanidade presentada na UNESCO o 18 de novembro de 2004 por Ponte…nas ondas!

Este manifesto continúa vixente na actualidade para apoiar agora a inscrición na Lista Representativa da UNESCO deste patrimonio común.

Se queres que o noso patrimonio se inscriba, asina, comparte e difunde este manifesto.[/info_success]

ASINANTES DO MANIFESTO

Suso de Toro-Escritor galego
1993 Premio da Crítica Española
1997 Premio Blanco Amor.
2000 Premio da Crítica Española.

José Saramago-Escritor português
Premio Nobel de Literatura, 1998

Mário Claudio-Escritor português
Grande Prémio da Associação Portuguesa de Escritores, 1985Prémio Nacional de Ilustração, 1996.Prémio PEN Clube de Ficção, 1997Prémio de Crónica da Associação Portuguesa de Escritores, 2001Prémio Pessoa, 2004

Nélida Piñón– Escritora brasileira
Prémio PEN Clube, 1985
Doutora honoris causa por varias universidades, como a de Poitiers (França), Montreal (Canadá) e Santiago de Compostela,Galiza (Espanha)
Premio Príncipe de Asturias das Letras, 2005
Primeira mulher presidenta da Academia Brasileira das Letras. A sua obra reflecte a presença da cultura e do património galego-português no Brasil

Vasco Graça Moura-Escritor português
– Prêmio Pessoa (1995)
– Prêmio de Poesia do PEN Clube (1997)
– Grande Prêmio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores (1999)
– Medalha de Ouro da Cidade de Florença pelas suas traduções de Dante (1997)
– Coroa de Ouro do Festival de Poesia de Struga (Macedônia (2004)
– Membro efetivo da Académie Européenne de Poésie (Luxemburgo)

Manuel Rivas-Escritor galego
1990- Premio da Crítica española,
1994- Premio da Crítica galega,
1996- Premio Nacional de Narrativa,

Ramón Chao-Xornalista e escritor francês ( nacido na Galiza )
Cabaleiro das Artes e das Letras pelo governo de França em 1991.

Manu Chao-Artista francés ( de orixe galega )
O património imaterial galego-português está presente nalguma das suas composições.

Ignacio Ramonet-Profesor ( nacido na Galiza)
Director de Le Monde diplomatique
Doctor em Semiologia e em Historia da cultura por l’Ecole des Hautes Etudes en Sciences sociales (EHESS) Paris
– Catedrático de teoria da comunicação, Universidade Denis-Diderot ( Paris-VII)
– Fundador e presidente da Organização não governamental ATTAC
– Fundador e presidente da Organização não governamental MEDIA WATCH GLOBAL (Observatório internacional dos médios).
Promotor do FORO SOCIAL MUNDIAL de Porto Alegre.

Uxia– Artista galega
Importante traballo musical sobre o patrimonio imaterial galego-português.

José Garcia-Actor francês ( de orixe galega )
Prémio Jean Gabin (2001 )

Manuel Dios Diz ( professor )
Presidente do Seminario Galego de Educación pola Paz
Presidente da Fundación Cultura de Paz na Galiza

Federico Mayor Zaragoza
Ex director Xeral da UNESCO
Presidente da Fundación Cultura de Paz