VIEIROS publica un especial sobre a Candidatura do Patrimonio Inmaterial

Recolle asemade un manifestou en favor da Candidatura que foi asinado xa por preto de 200 persoas

O Portal de Intenet Vieiros.com recolle unha reportaxe sobre a Candidatura do Patrimonio Inmaterial na súa sección “No escáner”, baixo o título “O Valor do Inmaterial”.

Ao través de diferentes apartados recolle a andaina desta Candidatura remontándose ao ano 1999 cando a UNESCO decidiu abrir unha nova liña de protección do Patrimonio. Prosegue a ampla e minuciosa reportaxe de Vieiros co título “Do lakalaka da illa dos amigos ás herbas do páis dos médicos” recolle que manifestacións orais foron xa recoñecidas coma Obra Mestra da Humanidade.

Os pasos dados até o momento pola Candidatura, o calendario de actos previsto ata o 25 de novembro e mesmo as potencialidades deste patrimonio coma factor de desenvolvemento son cuestións abordadas tamén por Vieiros nesta reportaxe. Ao tempo inclúe tamén unha interesante entrevista co doutor en Economía da Universidade de Vigo, Xavier Simón, quen está a facer un informe sobre os beneficios sociais e económicos derivados da posta en valor destas tradicións orais.

Vieiros recolle amais un manifestou en favor da Candidatura que se pode asinar en liña, e no que até o momento – só leva un día colgado o manifestodeixaron xa o seu nome preto de 200 persoas da máis diversa procedencia e profesión. Bruxelas, Valencia, Madrid, Porto, e numerosas cidades galegas os lugares de procedencia das sinaturas. Estudantes, profesores, administrativos, traballadores da construción, deseñadores, … deixaron xa o seu nome apoiando á Candidatura.