Debido á colonización de Portugal, hoxe encóntranse mostras da cultura tradicional galego-portuguesa en PAÍSES LUSÓFONOS como:
• Brasil,
• Angola,
• Mozambique,
• Cabo Verde,
• Guinea-Bissau,
• Santo Tomé e Príncipe,
• Timor Leste e nas cidades de
• Goa (India) e
• Macau (China)
Debido a influencias recíprocas, encontramos elementos comúns entre o patrimonio galego-portugués e o de moitos PAÍSES EUROPEOS como:
[ul class=”list list-arrow_blue”]
[li]Italia, posto que a cultura traída polos romanos pervive aínda en moitos elementos cotidianos (o carro, o arado, instrumentos de traballo, etc.)[/li]
[li]Alemania, debido á existencia do reino suevo no século V. A institución do monte comunal é común, así como moitos topónimos de orixen xermánico.[/li]
[li]Francia, debido ao trasvase cultural do Camiño de Santiago, que relacionou a lírica provenzal coa poesía medieval galaico-portuguesa, así como as orixes célticas comúns coa Bretaña francesa.[/li]
[li]Países Escandinavos (Dinamarca, Suecia, Noruega), con influencias vikingas na estructura de barcos tradicionais como a dorna, ou a celebración da Romería Vikinga en Catoira cunha reproducción dun “Drakkar” escandinavo.[/li]
[li]Irlanda, dende o mito fundador de Breogán ata as influencias recíprocas na música folclórica.[/li]
[li]Inglaterra, polo comercio do viño, antigamente con toda a rexión e posteriormente centrado na zona do Douro.[/li]
[li]Países Baixos (Bélxica, Holanda): Bordados de palillos moi semellantes aos Encaixes de Camariñas ou ás Rendas de Bilros de Portugal.[/li]
[li]Incluso cun país tan lonxano como Rusia existe algún lazo cultural, como é o caso do cadro do afiador existente no Museo Hermitage de Leningrado, ou as memorias colectivas dos “Nenos da Guerra Civil”.[/li]
[/ul]
En todos estes países, ademais, existe unha importante inmigración de orixe galega ou portuguesa, o que produce interesantes contactos culturais.
Debido ao citado fenómeno da emigración, neste caso predominantemente galega, existen moitas mostras da cultura tradicional galego-portuguesa en todos os PAÍSES HISPANOAMERICANOS, especialmente en Cuba, Arxentina, Uruguay, México e Venezuela.