A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, preside o sábado o acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial en Santiago

O Museo do Pobo Galego acolle esta presentación ás 12 do mediodía

A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo Rodríguez, presidirá o sábado, ás doce do mediodía, o acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués á UNESCO que se vai desenvolver no Museo do Pobo Galego en Santiago. A Candidatura está promovida pola Asociación “Ponte…nas Ondas!”

O acto comezará coa intervención das autoridades, encargándose a continuación o actor Avelino González de conducir o acto. No mesmo proxectarse o vídeo presentación da Candidatura e o vídeo clip de “Meniños Cantores”. Amais contarse coa actuación en director da Sra. Carmen, do grupo de cantareiras Malvela, coma portadora do Patrimonio Inmaterial e de Uxía Senlle.

Previamente mañá venres ás dez da mañá a praza do Obradoiro acollerá un circuíto aberto de xogos e xoguetes tradicionais. Ao tempo haberá un obradoiro para a elaboración de xoguetes artesanais coma o estraloque de cardo, paraugas de millo e asubíos de landa… cos que posteriormente xogarán os participantes. Tamén se levarán a cabo unha serie de xogos grupais. Estes xogos e xoguetes populares forman parte do Patrimonio Inmaterial que opta a ser recoñecido pola UNESCO.

Este actos que se van celebrar en Santiago de Compostela contan co Patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte e coa organización do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, e o Concello de Santiago de Compostela.

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego – Portugués afronta con estes actos de presentación a recta final da súa promoción e divulgación antes de que o 25 de novembro a UNESCO faga pública a súa resolución en París.