Este día celébrase a metade do inverno. Coincide coa celebración celta de Imbolc, tamén vencellada ao lume. E é que nesta data abenzóanse as candeas que se empregan en Semana Santa, e considérase que adquiren especiais propiedades protectoras. Está sinalado como o día no que casan os paxaros, e, segundo o dito, o tempo neste día determina a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra, cando Candeloria ri, o inverno está por vir”. Nótese que coincide esta data co coñecido Groundhog’s Day de Estados Unidos, con semellante caráctaer meteorolóxico.
Se a Candeloria chora vai o inverno fora; se rí, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir. O refraneiro galego dedícalle uns cantos ditos ao 2 de febreiro, día da Candeloria. Tno eido da celebración relixiosa consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga: “Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida”, segundo recolle a web Galicia Espallada a partir Breviario Enciclopédico de Eladio Rodríguez Gónzalez. Esta festa vai perdendo tradición en Galicia pero noutros países como os Estados Unidos mantense ben viva: é o famoso Día da Marmota, o animal que predi o tempo, e que dera pé á non menos famosa película.
Máis alén da pegada relixiosa que o paso dos séculos lle impuxo a este día, coa beizón das candeas a usar na Semana Santa seguinte, a tradición galega ofrece para esta xornada outras fermosas implicacións. O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos do que axiña será a primavera outórgalle outro simbolismo, do mesmo xeito que acostuma a dicirse que é o tempo do casamento dos paxariños e que, de Candeloria en diante, “ningunha ave voa soa” e até onde a memoria da xente chega, fálase deste día como a “festa da luz”. Escribiu Luis Amado Carballo: “Na catedral do abrente/oxe cásans’os paxaros,/con nubens de neve e ouro/está o ceo galanado (…)”
Imaxe: web do CEP Pilar Maestu
Fontes: CulturaGalega.org, Vieiros, Galicia Espallada