Meniños Cantores, un referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido de dous países

meninhos_cantoresO proxecto “Meniños Cantores” proponnos unha viaxe por un territorio cun patrimonio inmaterial común que se amosa ao resto do mundo ao través de tres formatos: libro, cd e dvd. É unha actividade pioneira no traballo co patrimonio inmaterial, realizada a partir das escolas de Galicia e do Norte de Portugal.

“Meniños Cantores” tivo a súa orixe na Candidatura presentada pola Asociación Ponte…nas Ondas! e as Escolas Asociadas á UNESCO, para que o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa recoñecido coma Obra Mestra da Humanidade.

Tratase dun proceso de recreación e plasmación da nosa tradición musical levada e transmitida a partir das aulas de escolas galegas e portuguesas. Nalgúns casos, a creación é un valor sumado a este patrimonio.

“Meniños Cantores” fíxose realidade grazas o estreito traballo desenvolvido polo estudo de gravación Casa de Tolos e a Asociación Ponte…nas Ondas! co obxecto de realizar un traballo musical a partir dos centros educativos dos dous lados do Miño. Os profesores de música dos centros escolares foron os aliados idóneos para emprender esta aventura musical cun patrimonio común. Cada centro educativo encargouse de suxerir dous temas, e de ensaiar e facer os arranxos precisos.

Meniños Cantores – Escoitar

A web de Meniños Cantores