XVI edición do Día do Peón

Día do Peón

Este venres 11 de novembro de 2022, día de San Martiño.

Día do Peón

PEÓN, peona, peonza, peonceta, repeón, piñón, buxaina, buxa, trompo, trompa, bailarico, bailareta, bailarete, bailarela, bailarín, bailarina, bailón, danzarico, danzarete, vira-vira, billa, biombo, bóla, borracha, curro, mazarico, nosella, piruleta, pizarillo… son moitos dos nomes que a profesora Rosario Álvarez recolle na comunicación “Variación lingüística e historia cultural. Palabras peregrinas polo Camiño francés a Compostela“. Unha riqueza lingüística e patrimonial que desde Brinquedia se expande nunha nova convocatoria do Día do Peón!

Este venres 11 de novembro de 2022 Brinquedia celebrará o seu acto central no Concello de Brión, na Carballeira de Santa Minia. A lectura do manifesto correrá a cargo de Lucho Penabade, actor, director, guionista e membro do grupo de teatro Os Quinquilláns.

Adxunto podedes descargar o Manifesto do Día do Peón 2022, ‘Da roda para a piola’.

Máis información no sitio web de Brinquedia: http://brinquedia.net

“Por un mundo no que o xogo tradicional continúe a ser parte da vida de todas e todos”.

#DíaDoPeón2022